Dispositivos e pantallas

Dispositivos e pantallas

PENSA

Móbiles, computadores, consolas de videoxogos, tablets... son de uso habitual desde idades moi temperás. Os nenos e adolescentes de hoxe en día son interactivos. A súa forma de aprender, de xogar e de relacionarse pasa, en moitos casos, polas pantallas do seu computador, teléfono móbil ou de calquera outro dispositivo electrónico.

SABÍAS QUE...

Os aparellos electrónicos teñen unha gran pegada en emisións e demandan moitos materiais (plásticos, cristais, semiconductores), alén de metais e terras raras dos que non hai en gran abundancia. Ademais, pola cultura do usar e tirar, xeran moitos residuos electrónicos que se coñecen como e-waste. Por cada cidadán europeo acumúlanse cada ano entre 4 e 5 kg de produtos eléctricos e electrónicos sen usar, que posteriormente son refugados. Segundo o WEEE Forum, isto equivale a 57,4 millóns de toneladas en 2021, máis que o peso da Gran Muralla Chinesa. Cada tonelada que evitamos aforra unhas dúas toneladas de emisións de CO₂, por iso é importante que coides os teus aparellos e que os repares, reutilices e uses só cando sexa necesario, sen abusar deles.

Ver ficha Reciclaxe.

Ver ficha Prevención de residuos.

Ver ficha Consumo sostible.

Ver ficha Lecer e tempo libre.

Ver ficha Internet.

Ver ficha Gasto enerxético no fogar.

Ver ficha Correo electrónico.

INFORMACIÓN DE INTERESE

TABLETAS

-

Unha tableta, ou tablet en inglés, é un computador portátil de maior tamaño que un teléfono intelixente ou unha PDA (Asistente Dixital Persoal), integrado nunha pantalla táctil (sinxela ou multitáctil) coa que se interactúa fundamentalmente cos dedos ou por unha pluma especial, que están substituídos por un teclado virtual.

O formato estándar chámase «pizarra» ( Slate) e carece de teclado integrado, aínda que pode conectarse a un inalámbrico (por exemplo, Bluetooth) ou mediante un cable USB.

 

E-BOOKS/E-READERS (LECTOR DE LIBROS DIXITAIS)

-

É unha versión electrónica ou dixital dun libro tradicional. A vantaxe destes equipos en relación a outros dispositivos electrónicos como as tabletas, computadores portátiles ou móbiles é que utilizan a tecnoloxía de tinta electrónica e non teñen retro-iluminación. É similar a ler un libro en papel, polo que non xera cansazo para a vista e permite un consumo moi baixo de batería, pois só hai un consumo imperceptible para o equipo cando se cambia de páxina.

  • A diferenza doutros equipos, onde a autonomía se mide en horas, para un lector con tinta electrónica mídese en páxinas.
  • Facilita enormemente o acceso á lectura para persoas con deficiencias visuais. Algúns e- readers están deseñados especialmente para estas persoas permiten mostrar o texto en varios tamaños de letra e contan coa opción de facer anotacións e comentarios á marxe.
  •  

 QUE PODO FACER EU…?

-
  • Pensa ben cales son as túas necesidades e elixe o dispositivo máis adecuado.
  • Infórmte da atención ao cliente, das garantías que nos ofrecen e de se conta con servizos técnicos preto de onde vives para poder levar o aparello para reparar, no caso de que fose necesario.
  • Utiliza protectores de pantalla, xa que reducirás a probabilidade de dano por líquidos e rabuñazos.
  • Descarga as aplicacións desde sitios seguros e, aínda que a entrada de virus é menos frecuente que nun computador ou teléfono, é conveniente que instales un antivirus.
  • Non pases horas conectado a eles, descansa cada hora. E alterna este tipo de actividades con outras no mundo real (deporte, quedar con amigos e amigas, gozar da natureza, da familia, etc.).
  • Sé crítico coas mensaxes que recibes, sobre todo se son violentas, sexistas e alimentan o odio, a discriminación, o acoso ou calquera conduta daniña para ti, as demais persoas, a sociedade e o ambiente.

PARA SABER MÁIS...