Política de privacidade e protección de datos

AVISO LEGAL

CONDICIÓNS DE USO: 

Esta páxina web foi deseñada pola entidade Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo para dar a coñecer o Consumo Responsable mediante información e actividades. 

O sitio web contén contidos producidos polos seus titulares, que poden non reflectir as novidades máis recentes, polo que os devanditos contidos poderán ser modificados e/ou substituídos por outros novos en calquera momento, sen previo aviso nin responsabilidade algunha. 

Os Contidos da web non poden ser considerados, en ningún caso, substitutos do asesoramento legal nin de ningún outro tipo de asesoramento. Non existirá ningún tipo de relación comercial, profesional, ou de calquera outro tipo cos profesionais que integran a web polo mero feito de acceder á mesma por parte dos usuarios. 

Este sitio web non garante a velocidade nin a non interrupción. Así mesmo, o titular do sitio web e os seus colaboradores tampouco poderán ser considerados responsables dos danos e prexuízos derivados do uso deste sitio web, nin de calquera actuación que se realice en base á información que nel se fornece. 

Aínda que utilizamos todos os medios posibles para a seguridade do sitio web, non se garante a ausencia de virus ou outros elementos lesivos que poidan provocar danos ou alteracións no sistema informático, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario deste sitio web. En consecuencia, non se responde dos danos e perdas que tales elementos poidan ocasionar ao usuario ou a terceiros. 

PROPIETAT INTEL·LECTUAL I INDUSTRIAL: 

Os dereitos de propiedade intelectual da páxina www.consumópolis.com e www.consumópolis.es, o seu código fonte, deseño, as estruturas de navegación e os distintos elementos nelas contidos son titularidade da Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo, á que lle corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación en calquera forma e, en particular, dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, de acordo coa lexislación aplicable española e da Unión Europea. 

O portal Consumópolis, as páxinas que inclúe e a información ou elementos nelas contidos, inclúen textos, documentos, fotografías, debuxos, representacións gráficas, programas informáticos, así como logotipos, marcas, nomes comerciais, ou outros signos distintivos, protexidos por dereitos de propiedade industrial, dos que é titular ou lexítima licenciataria a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo. 
 

CONTIDOS: 

A través deste sitio web fornécese información sobre servizos destinados ao coñecemento público que, en todo caso, estarán suxeitos aos termos e condicións expresamente detallados en cada momento e aos que se poida acceder desde este sitio web, os cales estarán suxeitos ás distintas disposicións legais de aplicación. 

ACCESO E USO: 

Tanto o acceso a esta páxina web coma o uso que se poida facer da información e contidos incluídos nela será da exclusiva responsabilidade de quen o realice. 

As condicións de acceso a este sitio web estarán suxeitas á lexislación vixente e aos principios de boa fe e uso lícito por parte do usuario da mesma, quedando prohibido con carácter xeral calquera tipo de actuación en prexuízo da Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de consumo. 

O uso deste sitio web con fins ilegais ou non autorizados considerarase estritamente prohibido.
Queda prohibida calquera tipo de explotación, incluíndo todo tipo de reprodución, distribución, cesión a terceiros, comunicación pública e transformación, a través de calquera tipo de soporte e medio, das devanditas obras, creacións e signos distintivos sen a previa e expresa autorización dos seus respectivos titulares. O incumprimento desta prohibición poderá ser constitutivo de infracción sancionada pola lexislación vixente. 

Así e todo, o usuario poderá descargar ou facer copia dos devanditos elementos, pola súa conta e risco, exclusivamente para o seu uso persoal, sempre que non infrinxa ningún dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial da Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo, nin os altere de forma total ou parcial. Isto non suporá en ningún caso unha autorización ou licenza sobre os dereitos de propiedade da Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo. 

Queda prohibido, agás nos casos expresamente autorizados pola Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo, a presentación da páxina de Consumópolis ou a información contida nela baixo frames ou marcos, signos distintivos, marcas ou denominacións sociais ou comerciais doutra persoa, empresa ou entidade.

RESPONSABILIDADE: 

A Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo non se fai responsable en ningún caso de calquera tipo de dano que os Usuarios poidan ocasionar a esta páxina Web, ou a calquera outra, pola utilización ilegal ou indebida da mesma, ou dos contidos e informacións accesibles ou fornecidas a través dela. Cando o usuario accede á web, faino pola súa conta e risco. 

SERVIZO: 

A Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo resérvase o dereito a suspender o acceso a este sitio web, sen previo aviso, de xeito discrecional e temporal, por razóns técnicas ou de calquera outra índole, podendo así mesmo modificar unilateralmente tanto as condicións de acceso coma a totalidade ou parte dos contidos incluídos nela. 

XERAIS: 

Para calquera cuestión litixiosa ou que incumba á Páxina Web de Consumópolis será de aplicación a lexislación española, sendo competentes os Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario para resolveren todas as controversias derivadas ou relacionadas co uso desta páxina Web. O acceso ao sitio web de Consumópolis implica a aceptación de todas as condicións expresadas con anterioridade. 

HIPERLIGAZÓNS: 

As hiperligazóns que se poidan conter na páxina web de Consumópolis poden dirixir a páxinas web de terceiros. A Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo non asume ningunha responsabilidade polos contidos, informacións ou servizos que poidan aparecer nos devanditos sitios, que terán carácter exclusivamente informativo e que en ningún caso implicarán unha relación entre a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo e as persoas ou entidades titulares destes contidos ou titulares dos sitios onde se atopen. 

POLÍTICA DE COOKIES 

XERAL: 

A Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo comunica aos usuarios, a través deste aviso, que pode utilizar cookies cando o usuario navega polas diferentes pantallas e páxinas do sitio. Mentres utiliza o noso sitio web, vostede acepta e autoriza expresamente o uso de cookies de acordo coa nosa Política de Privacidade. 

QUE SON AS COOKIES? 

Unha cookie é un arquivo de texto moi pequeno que un servidor web pode gardar no navegador dun equipo para almacenar algún tipo de información sobre o usuario. A cookie identifica de forma única o equipo e só pode ser lida polo sitio web que a enviou ao equipo. Unha cookie non é un arquivo executable nin un programa e, polo tanto, non pode estender nin conter virus nin outro malware, nin pode ter unha lonxitude superior a 4000 caracteres. 

PARA QUE SERVEN AS COOKIES? 

O uso de cookies ten como finalidade lembrar as preferencias do usuario (idioma, país, inicio de sesión, características do seu navegador, información sobre o uso do noso sitio web, etc.). Ao lembrar as súas preferencias non teremos que, por exemplo, preguntarlle polo seu país cada vez que visite o noso sitio web.

Coñeceremos as características do Sistema Operativo e do navegador do dispositivo que se está a utilizar e así poderemos ofrecerlle unha mellor experiencia de navegación. As cookies poden axudar ao noso sitio web a distinguir o navegador do usuario como un visitante anterior e deste xeito gardar e lembrar as preferencias que puideron establecerse mentres o usuario navegaba polo sitio, personalizar as páxinas de inicio, identificar os sectores dun sitio que foron visitadas ou facer un seguimento das seleccións nun "carro da compra", entre outros.

A Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo poderá utilizar cookies co fin de recoñecer os usuarios que accederon á nosa web e poder ofrecerlles un servizo mellor e máis personalizado. Así mesmo, pódense utilizar para obter información sobre a data e a hora da última visita do usuario, medir algúns parámetros de tráfico dentro do propio sitio e estimar o número de visitas realizadas para que a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo poida enfocar e axustar os servizos e promocións de forma máis eficaz. Os sitios web adoitan usar cookies para obteren información estatística sobre as súas páxinas web. Teña en conta que recompilamos datos sobre os teus movementos e uso do noso sitio web como datos estatísticos, non persoais. 

TIPOS DE COOKIES: 

As cookies pódense clasificar segundo a entidade que as xestiona, o tempo que permanecen activas ou segundo a súa finalidade. Nalgunhas ocasións poderemos verificar que unha mesma cookie pode incluírse en máis dunha categoría. 

Segundo a súa propiedade

Cookies propias: Son aquelas que se envían ao equipo do usuario desde un equipo ou dominio xestionado pola Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo. 

Segundo a súa finalidade

Cookies técnicas: Son aquelas que se utilizan internamente e que son necesarias para o funcionamento da web. 

FINALIDADES DAS COOKIES:

A seguir presentamos unha lista das cookies que pode atopar no noso sitio web e unha breve descrición da súa finalidade. Asegurámoslle que ningunha delas garda información de identificación persoal sobre vostede. Algunhas cookies personalizan a visita, outras lembran as súas preferencias, mentres que outras só nos fornecen estatísticas dos visitantes. 


_pk_id Úsase para almacenar a ID (hash) do visitante
_pk_ref Úsase para gardar a URL desde onde se visita a páxina 
_pk_ses, _pk_cvar, _pk_hsr Úsanse para almacenar durante un espazo curto de tempo (30 minutos) os datos da visita con datos da sesión
_pk_id, _pk_ref, pk_ses, _pk_cvar, _pk_hsr Son cookies de Tipo analítico e de Titularidade allea. A temporalidade pode ser Permanente ou Temporal. A finalidade destas cookies é xerar un identificador de usuario único que se utiliza para contar cantas veces un usuario visita o sitio, así como a data da primeira e da última vez que visitou a Web. Rexistrar a data e hora de acceso a calquera das páxinas do Sitio Web. Comprobar a necesidade de manter aberta a sesión dun usuario ou crear unha nova. Identificar a sesión do usuario para recoller a localización xeográfica aproximada do ordenador que accede ao sitio para fins estatísticos.

SALVAGARDAS DE PROTECCIÓN: 

O usuario pode configurar o seu navegador para que acepte, ou non, as cookies que recibe ou para que o navegador o avise de cando un servidor queira gardar unha cookie ou borralas do seu ordenador. No caso de aceptar cookies de terceiros e desexar retirar o seu consentimento sobre elas, o Usuario pode atopar as instrucións na configuración de seguridade do seu navegador web.

Exemplos: 

  • Se utiliza Microsoft Internet Explorer, na opción de menú Ferramentas > Opcións de Internet > Privacidade > Configuración. 
  • Se utiliza Firefox, na opción de menú Ferramentas > Opcións > Privacidade > Cookies. Se utiliza Google Chrome, na opción de menú Configuración > Privacidade. 
  • Se utiliza Safari, na opción de menú Preferencias > Seguridade. 
  • Se utiliza Opera, na opción . > Configuración > Eliminar información persoal. 
  • Se utiliza un explorador nativo do seu terminal móbil, Axustes > Borrar datos ou Privacidade e Seguridade* 

*Pode diferir segundo o modelo de versión do sistema operativo. 

Podes usar a sección “Axuda” que atopará na barra de ferramentas da maioría dos navegadores para cambiar os axustes do seu ordenador; así e todo, algunhas das características dos nosos servizos en liña poden non funcionar ou ser máis difíciles de acceder se rexeita todas as cookies. 

Moitos navegadores permiten activar un modo privado mediante o cal as cookies sempre se eliminan despois da súa visita. Dependendo de cada navegador, este modo privado pode ter diferentes nomes; abaixo pode atopar unha lista dos navegadores máis comúns e dos distintos nomes deste “modo privado”: 

  • Internet Explorer 8 e superior: InPrivate 
  • FireFox 3.5 e superior: Navegación Privada 
  • Google Chrome 10 e superior: Incógnito 
  • Safari 2 e superior: Navegación Privada 
  • Opera 10.5 e superior: Navegación Privada 
  • Navegador: Pestana de incógnito 

Pregámoslle lea atentamente a sección de axuda do seu navegador para saber máis sobre como activar o “modo privado”. Poderá seguir visitando o noso sitio web, aínda que o seu navegador estea en “modo privado”; así e todo, a experiencia do usuario pode non ser óptima e algunhas utilidades poden non funcionar. 
Ademais, tamén pode xestionar o almacén de cookies no seu navegador a través de ferramentas como as seguintes:

A Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo agradece a activación da aceptación de cookies; isto axúdanos a obter datos máis precisos que nos permiten mellorar o contido e deseño da nosa páxina web para adaptala ás súas preferencias. 
Adicionalmente, a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo ten presenza en portais e servizos de terceiros para os que, se desexa coñecer as condicións de privacidade e uso das cookies, debe consultar as políticas fornecidas por eles: 

ACTUALIZAMOS A NOSA POLÍTICA DE COOKIES? 

É posible que actualicemos a Política de Cookies do noso sitio web, polo que recomendamos que revise esta política cada vez que acceda ao noso sitio web para estar axeitadamente informado sobre como e para que utilizamos as cookies. 

O período de conservación dos datos obtidos para as distintas finalidades nos termos establecidos no artigo 13.2 a) do RXPD e en relación co resto da información requirida no devandito artigo está contemplado na nosa Política de Privacidade. 

POLÍTICA DE PRIVACIDADE 

Información básica sobre protección de datos 

Responsable: Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo Finalidade: Atender a súa solicitude.

Lexitimación: Execución dun contrato e consentimento do interesado. 

Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, agás obriga legal. 

Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose á Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo.

XERAL: 

Para os efectos do disposto no Regulamento Europeo de Protección de Datos UE 2016/679, do 27 de abril (RXPD), na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais (LOPDGDD) e o resto da normativa nacional vixente, a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo infórmao de que cumpre integramente a lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal e cos compromisos de confidencialidade da súa actividade. 

A Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo infórmao da existencia dun sistema de tratamento da información, titularidade da Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo, para os efectos de xestión, comunicación e información. O devandito sistema descríbese no correspondente Rexistro de Actividades de Tratamento, ao que o usuario pode acceder para comprobar o estado dos seus datos. 

Información básica sobre protección de datos Responsable: Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo Finalidade: Atender a súa solicitude. Lexitimación: Execución dun contrato e consentimento do interesado. Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, agás obriga legal. Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose á Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo. 

MEDIDAS E NIVEIS DE SEGURIDADE: 

A Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo adoptou as medidas necesarias para garantir a seguridade da información, tal e como esixe o art. 32 do RXPD, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co fin de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, garantindo así a súa confidencialidade, integridade e dispoñibilidade. 

ÁMBITO DE APLICACIÓN: 

As medidas de seguridade que a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo ten descritas no Rexistro de Actividades de Tratamento aplicaranse ao conxunto de activos do sistema de tratamento da información no que se traten os datos persoais, coa finalidade de cumprir coa lexislación vixente en materia de protección de datos. 


Todo o persoal contratado pola Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo e os seus Encargados de Tratamento están obrigados ao cumprimento da devandita normativa, con especial atención ás súas funcións e obrigas, incluído o deber de segredo, que será debidamente determinado pola Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo. 

RECOLLIDA DE DATOS: 

A aceptación destas condicións precisa do usuario a recollida algúns datos imprescindibles para a prestación dos seus servizos, que serán solicitados persoalmente a través de formularios ou da páxina web. No momento da recollida de datos, o usuario será debidamente informado dos seus dereitos. Para que a información contida no noso sistema de tratamento estea sempre actualizada e non conteña erros, solicitamos aos nosos clientes e usuarios que nos comuniquen, coa maior brevidade posible, as modificacións e rectificacións dos seus datos persoais. 

OBXECTO: EXERCICIO DE DEREITOS: 

Para exercer os Dereitos de acceso, oposición, rectificación, cancelación ou supresión, revogación do consentimento, limitación do tratamento dos datos e portabilidade, deberá dirixirse por escrito á Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo, mediante comunicación escrita. Tamén pode presentar unha reclamación perante a AEPD. 

CONSENTIMIENTO: 

O usuario prestará o seu consentimento para que a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo poida facer uso dos seus datos persoais co fin de prestar un correcto cumprimento dos servizos contratados. 

Cubrir o formulario incluído no sitio ou enviar correos electrónicos ou outras comunicacións á Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo implica o consentimento expreso do usuario para incluír os seus datos persoais no devandito sistema de tratamento, titularidade da Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo. 

No momento da solicitude desta información, comunicaráselle ao cliente ou usuario do destinatario da información a finalidade para a que se recollen os datos, a identidade e enderezo da Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo e a facultade do usuario para exercer os dereitos de acceso, oposición, rectificación, cancelación ou supresión, revogación do consentimento, limitación do tratamento dos datos e portabilidade, e a presentar reclamación perante a AEPD.

CESIÓN A TERCEIROS: 

A Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo non cede datos de carácter persoal sen o consentimento expreso dos seus titulares, o cal deberá ser outorgado en cada ocasión, sendo cedidos só para a finalidade expresa e sempre co consentimento do usuario ou cliente. 

CONFIDENCIALIDADE E SEGREDO PROFESIONAL: 

Os datos recollidos en todas as comunicacións privadas entre a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo e os clientes ou usuarios serán tratados con absoluta confidencialidade, comprometéndose a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo á obriga de segredo dos datos persoais, ao seu deber de conservalos e a adoptar todas as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda e tratamento ou acceso non autorizado, de conformidade co disposto na normativa vixente. 

Así mesmo, terán carácter de confidencial a información de calquera índole que as partes intercambien entre si, a que acorden que sexa desa natureza ou a que simplemente trate sobre o contido da devandita información. A visualización de datos a través de Internet non implicará acceso directo a eles, agás consentimento expreso do seu titular para cada ocasión. 

Recomendamos que o usuario non facilite a ningún terceiro a súa identificación, contrasinal ou números de referencia de que o poida fornecer a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo. Así mesmo, para garantir que en todas as comunicacións se preserve a protección do segredo profesional entre a Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo e o cliente, o cliente/usuario non deberá revelar información confidencial a terceiros. 

CAMBIOS NA POLÍTICA DE SEGURIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS: 

A Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo resérvase o dereito de modificar a súa política de seguridade e protección de datos para adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como ás que se puidesen derivar de códigos normalizados existentes na materia, ou por razón de decisións corporativas estratéxicas, con efectos desde a data de publicación da devandita modificación na páxina web de Consumópolis.

ENDEREZO DE CONTACTO: 

Esta web está xestionada pola Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo, con enderezo postal na rúa Príncipe de Vergara 54, 28006, Madrid, e con correo electrónico: consultas.consumopolis@consumo.gob.es 

O sistema de tratamento da información creado atópase no domicilio social, o cal se establece para os efectos do presente Aviso Legal, na Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo; baixo a supervisión e control da Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo, quen asume a responsabilidade da adopción das medidas de seguridade de carácter técnico e organizativo para protexer a confidencialidade e integridade da información, de conformidade co disposto no Regulamento Europeo de Protección de Datos UE 2016/679, do 27 de abril, do Parlamento e do Consello; a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de datos e garantía dos dereitos dixitais e o resto da normativa nacional vixente e demais lexislación aplicable. 

A Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Consumo, a teor da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, comunícalles que o sentido amplo da devandita Lei inclúe, entre estes servizos, a prestación de información polo devandito medio. En todo caso, aplicaranse o Regulamento Europeo de Protección de Datos UE 2016/679, do 27 de abril, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais, o resto da normativa nacional vixente e a súa normativa de desenvolvemento, especialmente no que se refire á obtención de datos persoais, á información aos interesados e á creación e mantemento de ficheiros de datos persoais.