Viaxar

Viaxar

PENSA

Viaxar permiteche coñecer o mundo, outras costumes, outras persoas e tamén ampliar as tuas perspectivas.

Para que o viaxe sexa seguro e divertido debes preparalo con antelación.

O turismo sostible é aquel que ten un piar social (de coidado das persoas implicadas, traballadores, consumidores, etc.), outro ambiental (de respecto pola contorna que se vai visitar, os seus recursos locais, especies, etc.) e outro económico, que permite a viabilidade.

SABÍAS QUE...

O informe Impactos e riscos derivados do cambio climático en España do Ministerio de Transición Ecolóxica, enumera os riscos en 30 anos do impacto da suba das temperaturas nos destinos de sol, praia, montaña e na infraestrutura de transportes. As praias recortaranse ao aumentar o nivel do mar e a ondada. Tamén a temperatura deste, coa posible incidencia nas actividades acuáticas. O turismo de inverno tamén se verá afectado. As estacións españolas terán menos neve e as que están por baixo dos 2 000 metros poden desaparecer. Por iso, deben reconverterse cara a outras modalidades de turismo, pois só serían viables o 7 % de todas as estacións dos Pireneos (España e Francia) nun escenario de quecemento de 4ª. Tamén cambiarán os períodos de vacacións. No verán fará demasiada calor, o tempo será mellor no outono e na primavera, o que fará que a tempada alta dos destinos de sol e praia españois se desprace fóra dos meses tradicionais, xullo e agosto. Os turistas nacionais e internacionais optarán por refuxiarse en zonas costeiras do norte e do interior. Alteraranse os fluxos de turistas, os do norte de Europa, agora dos principais visitantes, deixarán de vir ao teren mellores condicións climáticas no seu territorio. Seguramente, nós viaxaremos a estes países no verán.  

INFORMACIÓN DE INTERÉS

PREPARATIVOS DA VIAXE

  • Antes de contratar unha viaxe, debes asegurarte das condicións climatolóxicas e sociais do destino que queres visitar,  ter en conta os posibles cambios de horario.
  • Tamén debes informarte da situación sanitaria, por si é necesario algún tipo de vacunación especial.
  • Asegúrate de qué tipo de documentación debes levar contigo (pasaporte, visados, DNI, tarxeta sanitaria) e de que estea en vigor.
  • Ademais, é imprescindible levar a documentación sanitaria.
  • Infórmate sobre o tipo de moeda que se usa no país que vas a visitar.
  • Independentemente do medio de transporte escollido, sempre hai que respectar as normas de seguridade indicadas.
  • Consulta algunha guía de viaxe. Nelas poderás atopar información sobre a cultura, a sociedade, a historia do país e outra información de interese.

VESTIDO E ALIMENTACIÓN DURANTE A VIAXE

Antes de facer a maleta, o que hai que ter en conta é que, se se viaxa en avión ,o peso da equipaxe que se factura, segundo a compañía coa que contrates a viaxe, debe oscilar entre 15 e 23 kg, si é máis, haberá que pagar un importe por sobrepeso de equipaxe. Ademais, canto máis peso levemos, máis emisións contribuiremos a xerar no noso desprazamento.

É moi recomendable realizar unha lista con todo aquilo que tes que levar na maleta e que non che gustaría que quedara atrás. Hai que ter en conta catro aspectos previos á realización da túa maleta que condicionarán a súa composición: o destino da viaxe, o clima da zona, os días que nos imos, o tipo de viaxe e a intencionalidade.

Debemos contar cun calzado o suficiente cómodo para que os nosos pés aguanten longas camiñadas e sempre levar un par de zapatos de reposto por calquera imprevisto que poida xurdir.

Se a túa viaxe é polo interior da Unión Europea, puedes levar algo de comida e bebida adquirida en comercios e en envases cerrados. Outros países teñen restricións sanitarias para poder traspasar as súas fronteiras con comida procedente do exterior.

OPCIÓNS RESPECTUOSAS PARA VIAXAR 

O turismo de “todo incluído” masivo fai que cada vez máis xente poida coñecer outras latitudes, pero tamén contribúe a xerar máis emisións, á xentrificación e á degradación social e ambiental. A miúdo, o diñeiro que empregamos nestas viaxes beneficia sobre todo as principais corporacións turísticas e hostaleiras, as inmobiliarias, os grandes operadores de turismo e as liñas aéreas, que son os que reciben a maior parte do desembolso, non a comunidade receptora de turistas.

Ademais, tampouco supón un intercambio cultural real.

Pola contra, no turismo sostible, ou responsable, a palabra clave é «respecto». Sempre que sexa posible, privilexia o tren ou o barco fronte ao avión, os cruceiros ou o transporte por estrada, máis contaminantes. Tamén foxe da masificación, opta por grupos e proxectos pequenos ou medianos para ter a menor pegada ecolóxica posible. Axuda a potenciar a cultura local, a redistribuír a riqueza xerada pola actividade turística entre os emprendementos da comunidade visitada e xera empregos de calidade, o que contribúe ao desenvolvemento sostible dos destinos e a unha interacción cultural real entre visitantes e visitados.

Para conseguir bos prezos sempre é mellor planificar con tempo. En España hai axencias especializadas en viaxes sostibles. Se a organizamos nós, reservemos aloxamentos autóctonos, consumamos en comercios ou restaurantes locais e contratemos guías e empresas nativas. O obxectivo é que a maior parte do diñeiro investido na viaxe xere prosperidade na localidade visitada, onde nos comportaremos como bos hóspedes.

Tanto o Carné Xove como o carné de estudante ofrecen moitas vantaxes á hora de viaxar. Ademais, existen ofertas en diferentes medios de transporte como o tren e o autobús para grupos, pola idade, ida e volta, familias numerosas...

O Interrail é un sistema barato para coñocer Europa viaxando en tren. Podes elixir entre máis de 40.000 destinos en 30 países e deseñar unha aventura por Europa totalmente á túa medida.

As compañías aéreas de baixo custo (ou low cost) ofrecen aos pasaxeiros billetes de avión por un prezo alcanzable. Isto débese a que reducen os gastos á conta de que os pasaxeiros leven cada vez menos equipaxe, perdan o custo do billete se se ven obrigados a cancelar o voo por unha razón de peso, etc..

Con todo, nestes casos, o ususario tamén dispón duns dereitos que a compañía está obrigada a cumprir. Por iso, é importante ler ben las condicións da compañía. 

A popularización deste tipo de voos low cost contribuíu ao aumento das emisións do sector da aviación.

As axencias de viaxes contemplan esta clase de viaxes e ofrecen descontos e prezos especiais por grupo.  Moitas delas son especialistas en organizar todo tipo de viaxes donde os protagonistas son os máis mozos.. En calquera caso, non esquezas:

  • Comparar os prezos das axencias.
  • Infórmate sobre as formas de pagamento, as cancelacións, o seguro de viaxe...
  • Consultar na Internet páxinas onde se fale de viaxes para mozos.

Unha das ofertas máis interesantes é a rede de albergues que hai repartidos por toda España e en otros países estranxeiros. Todos estes establecementos levan un selo que os identifica e para poder usalos hai que ter un carné de alberguista. Do tipo, atopámonos tamén cos cada vez máis famosos ‘Hostels’. Como características principais pódese dicir que son económicos e sociais, é por iso que acollan a un maior número de mocidade.  

-QUE PODO FACER EU…?

Podes dedicar parte do verán a axudar como voluntario/a en proxectos locais educativos, de construción, sanidade, ambientais, etc. A ONG Setem organiza os Campos de Solidariedade. Tamén a Fundación Vicente Ferrer ten voluntariado. As asociacións sen ánimo de lucro como Cives Mundi ou Sodepaz organizan viaxes solidarias de voluntarios. EarthWatch Institute pon en contacto a voluntarios con científicos no eido da investigación e da conservación. Cooperatour desenvolve proxectos en América Latina e Asia. E Voluntarios por el Mundo dedícase ao voluntariado internacional, aínda que tamén conta con proxectos de voluntariado en España.

Ademais, ando se decide facer unha viaxe, débense ter en conta unha serie de cousas para que todo funcione ben.

  • Comprobar que os servizos son prestados por unha empresa ou profesional turístico autorizado.
  • Esixir información sobre o contido do servizos solicitados e as posibilidades e consecuencias da resolución do contrato.
  • Informarse do prezo dos servizos a contratar.
  • Antes do inicio da viaxe, confirmar os horarios de salida dos medios de transporte que se vaian a utilizar.
  • Os establecementos turísticos disporán de follas de reclamacións.

Se non estás conforme co servizo:

E por último, pero non menos importante, lembra que a reclamación, non só contribúe ao beneficio do cidadan, senon á melloría dos servizos. O turismo sostible é aquel que ten un piar social (de coidado das persoas implicadas, traballadores, consumidores, etc.), outro ambiental (de respecto pola contorna que se vai visitar, os seus recursos locais, especies, etc.) e outro económico, que permite a viabilidade. 

PARA SABER MÁIS...