Seguridade vial

Seguridade vial

PENSA

A seguridad viaria é cousa de todos. Tanto os vehículos como os peóns deben respectar unha serie de normas para poder evitar os accidentes de tráfico. É importante que entendas o papel que desempeñas como parte da seguridade viaria na tua cidade.

SABÍAS QUE...

Está prohibido:

  • Conducir vehículos a motor e ciclomotores sen o correspondente permiso de condución ou de circulación.
  • Arroxar, depositar ou abandonar sobre a vía pola que se circula, obxectos ou materias (bolsas, papeis…).
  • Conducir utilizando auriculares.
  • Circular con menores de 12 anos como pasaxeiros de ciclomotores ou motocicletas, con ou sen sidecar, por calquera clase de vía. Excepcionalmente, os maiores de 7 anos poden circular como pasaxeiros sempre que vaian co seu pai, nai ou titor.
  • Circular con vehículos co chamado «escape libre», sen o preceptivo silenciador das explosións.
  • Realizar competicións de velocidade nas vías públicas, salvo que, con carácter excepcional, se acoutaran para iso pola autoridade competente.
  • Pasar aos ciclistas deixando menos de 1,50 metros de seguridade.
  • Empregar o teléfono móbil mentres conduces xa que causa distraccións moi graves.
  • Conducir sen cinto de seguridade. Todos as persoas que viaxan no vehículo deben levalo posto.
  • Os nenos han de ir sempre subidos na súa cadeira de seguridade homologadas e adecuada á súa idade.
  • Circular polas beirarrúas con bicicletas, motos ou patinetes.
  • Non utilizar o casco en determinados medios de transporte, por exemplo nas motos.
  • Que os coches e as motos circulen sen o seguro obrigatorio.

CANDO CAMIÑES POLA RÚA-

  • Antes de baixar a beirarrúa e cruzar, mira cara á dereita e cara á esquerda.
  • Antes de cruzar a rúa, respecta o estado verde-vermello dos semáforos e presta atención nos pasos de peóns.
  • Cando camiñes pola estrada vai sempre pegado ao lateral pola túa esquerda, en sentido contrario ao que circulan os vehículos que ves de fronte, así estes condutores poderán verte.
  • Cando vaias con amigos e amigas, circula sempre en ringleira.
  • Pola noite deixa que os coches te vexan: usa roupa clara ou reflectora.
  • Non camiñes usando o teléfono móbil ou unha tablet, distraerate  sobre o que ocorre á túa ao redor e poderías sufrir un accidente por non “ver” o que ocorre ao teu ao redor.
  • Pensa que non só ti camiñas pola rúa, tamén o fan outras moitas persoas e vehículos

CANDO MONTES EN BICICLETA E PATINETES-

  • Asegúrate de que todo funciona correctamente:freos , luces, ruedas, etc.
  • Asegúrate de que a túa bicicleta leva as luces regulamentarias: unha luz dianteira, branca ou amarela e un piloto traseiro.
  • Leva o casco posto e se é posible cobre os teus xeonllos con rodilleras.
  • Lembra que a bicicleta, os patinetes, etc., é para unha soa persoa.
  • Circula polas vías permitidas e sempre pola túa dereita. Só poderás ir pola beiravía cando non exista vía destinada á circulación de bicicletas.
  • Non vaias a máis de 40 quilómetros por hora.
  • Informa con tempo ao resto dos vehículos das manobras que vaias realizar na calzada.
  • Cando circules de noite convén que vistas con roupa clara; ademais, é obrigatorio levar un chaleco reflector.
  • Cando circules en bicicleta por estrada é mellor desprazarse en fila única, aínda que está permitido ir en parellas. Tenta ir pola zona da dereita xa que isto facilitará a circulación con seguridade dos coches.
  • E respecta os sinais de tráfico.

CANDO VAIAS CO TEU MONOPATÍN-

  • Tenta circular por zonas específicas para monopatines e berarrúas  respectando sempre aos peóns
  • Un monopatín non é  legalmente un vehículo, non é un ciclomotor. Por tanto cando usas un monopatín en estrada as normas son as mesmas que para os peóns.
  • Circula sempre pola túa dereita nas berarrúas
  • Vaite con coidado e respecta aos outros usuarios da vía pública.
  • Se vas con amigos e amigas, non vaias en grupo, circula en ringleira india.
  • Xamáis te colgues de ningún vehículo; poderías caer e provocar un accidente.
  • Protéxete con casco (e se pode ser con rodilleras e coderas).

CANDO COLLAS UN TAXI. 

  • -Abrocha o cinto de seguridade.
  • Non debes saltar no asento, nin alterar ao resto dos ocupantes do vehículo.
  • Non ensucies o vehículo.
  • Non molestes ao condutor.
  • Ao saír, utiliza a porta que esta próxima á beirarrúa. A outra, se a abres, pode golpear ou ser golpeada por outro vehículo que estea en marcha. Ademais, pode causarche un grave accidente.

CANDO VIAXES EN METRO-

  • Non te achegues demasiado ás vías. Espera na plataforma.
  • Antes de entrar, deixa saír aos viaxeiros que vaian apearse.
  • Non corras, nin molestes á xente.
  • Deixa o asento libre ás persoas maiores, embarazadas e persoas con diversidade funcional.
  • Se vas baixar do metro, procura facelo con calma, sen empuxar á xente.

CANDO COLLAS UN AUTOBÚS/AUTOCAR -

  • Espera o autobús nos sitios autorizados. De non existir parada de autobús, deberemos esperar sempre na beirarrúa.
  • Aperta o botón con suficiente antelación.
  • Cando vaias no bus do colexio, fai caso aos consellos do teu profesores/ as ou o teu monitores/ as coa que viaxas
  • Lembra atar o cinto de seguridade. É obrigatorio.
  • Non corras polos corredores e está sentado mentres o vehículo está en marcha.
  • Coida a túa contorna e non deixes lixo nos asentos.
  • Non fales demasiado alto, nin poñas música sen as túas auriculares. Molestarás ás persoas.

PARA SABER MÁIS...