PENSA
A sociedade actual, sobre todo as grandes cidades do mundo occidental, producen cada vez máis residuos. En moitos casos, difíciles, custosos de tratar e supoñen un prexuízo para o medio ambiente. A maior parte refúgase en vertedoiros ou incinérase, xerando outros problemas de contaminación, que á súa vez, acelerarán o cambio climático.
A reciclaxe non é a solución definitiva a esta crise, xa que ten moitas limitacións. Debería ser o último paso despois de reflexionar, rexeitar, reducir, reutilizar ou reparar (lembra a regra das 6 erres). Ver ficha Prevención de residuos no fogar.
A responsabilidade de separar e utilizar os sistemas de recollida selectiva dos residuos recae directamente sobre nós, os consumidores, de modo que será a nosa opción persoal a que determine o feito de que un produto se recícle ou non.
Cada persoa tira nun ano ao redor de 13 quilos de latas de aluminio e hoxalata, o que supón máis de 6 millóns de latas en toda España coas que poderiamos encher 17.500 camións. Cada ano refúganse uns 20 millóns de teléfonos móbiles e moitos van directamente ao lixo.
Dos residuos que xeramos, entre o 20 e o 25 % son papel e cartón. Con cada tonelada de cartón reciclado afórranse 2 metros cúbicos de vertedoiro, 140 litros de petróleo, 50.000 litros de auga e a vida de 15 árbores.
SABÍAS QUE...
SELECCIÓN DE LIXOS E RECICLAXE
Cada vez hai máis produtos que se venden envasados en latas, vidro, plástico, cartóns ou outros materiais, os cales terminarán desperdiciados no lixo se non se recollen separadamente e se recíclan.
A selección dos lixos debe ser un xesto cotián: é o primeiro paso da reciclaxe.
Reciclar axuda a protexer o medio ambiente aforrando materia prima e enerxía, reducindo a emisión de axentes contaminantes ao aire, auga e terra. Por iso é moi importante aprender a realizar a clasificación selectiva de lixos para aproveitar ao máximo os materiais que a compoñen.
Aínda que coa reciclaxe conseguimos reducir a cantidade de residuos, o que realmente impactaría de maneira positiva no medio ambiente sería un cambio na nosa conduta, buscando alternativas ao consumo daqueles produtos xeradores de residuos. De aí a importancia da economía circular onde é obligatorio manter unha perspectiva de ciclo de vida, que teña en conta todas as fases (fabricación, comercialización, uso, consumo, xestión do residuo e reintroducción nos ciclos produtivos). Isto ofrece un modelo que preserva a natureza e reduce as emisións de gases de efecto invernadero.
SOBRE O RECICLADO DO PLÁSTICO
Os plásticos supoñen unha grave ameaza para o medio ambiente por dous motivos principais: a súa utilización masiva en todo tipo de produtos e a súa lenta degradación.
Estímase que tarda uns 180 anos en descompoñerse, aínda que este período varía en función do tipo de plástico.
Fabricáronse un 8.3 mil millóns de toneladas de plástico desde que a súa produción empezase sobre 1950, o que equivale ao peso duns 1.000 millóns de elefantes ou de 47 millóns de baleas azuis.
De todo o plástico que se produciu no mundo, só ao redor do 9% reciclouse, o 12% incinerouse e máis do 75% acabou na natureza.
A industria do plástico desenvolveu unha serie de códigos:
Os plásticos que teñen un 1 (PET) e un 2 (HDPE) son facilmente reciclables. Os que teñen un 4 (LDP) e un 5 (PP) pódense reciclar, pero máis dificilmente que os anteriores. Os que presentan un 3 (PVC), un 6 (PS) e un 7 (outros tipos de plásticos) non se poden reciclar.
En maio de 2018, hai tres anos, publicouse o Real decreto 293/2018 sobre a redución do consumo de bolsas de plástico, cuxo obxectivo é reducir o actual consumo de bolsas de plástico á metade para o 2025. A maioría dos países da Unión Europea contan desde hai xa algúns anos con leis que regulan o seu consumo.
Desde o 1 de xaneiro do 2021 prohíbense as bolsas de plástico lixeiras e moi lixeiras de forma gratuíta en supermercados, comercios, farmacias, etc. Exceptúanse as bolsas biodegradables ou compostables. Só se poderán comercializar bolsas de plástico que conteñan unha porcentaxe de material reciclado igual ou superior ao 50 % e que presenten espesores superiores a 50 micrómetros. Toda bolsa cuxo espesor sexa máis baixo do establecido deberá ser substituída por un material máis sostible ou compostable (que se descompón totalmente e se pode converter en fertilizante para a terra).
SOBRE A RECICLAXE DE LATAS
En todo o mundo consómense millóns de latas. 7 de cada 10 latas son de aluminio e 3 de aceiro laminado. Temos que saber que o aluminio segue sendo un residuo sólido durante 500 anos e que a produción de aceiro é un proceso altamente contaminante.
Cabe sinalar, que durante os últimos anos houbo melloras nos procesos de fabricación do aluminio, a redución do peso da lata e o aumento da taxa de reciclaje (reducíndose máis dun 25% a pegada do carbono nestes envases). Ademais, o feito de incorporar chatarras como materia prima secundaria é unha realidade estendida na fabricación tanto do aceiro como do aluminio. Todo iso encamiñado a reducir o impacto ambiental dos envases, sendo esencial falar do ecodiseño, concepto imprescindible na economía circular.
Latas en aluminio
A extracción do aluminio supón un gran custo ambiental, xa que para obter unha tonelada de aluminio se necesita extraer uns 4.000 quilos de bauxita, mineral que se atopa no subsolo da selva, e 500 quilos de coque de petróleo.
O aluminio pode reciclarse tantas veces como se queira porque mantén sempre todas as súas propiedades. O 50% de produtos fabricados con aluminio provén de aluminio reciclado. O 75% do aluminio que existe no mercado foi fabricado hai 100 anos.
Latas de aceIro laminado (tamén chamadas latas metálicas ou de hoxalata)
A reciclaxe de latas metálicas é un proceso moi custoso e bastante contaminante, pero moito menos que a fabricación do aceiro, xa que as siderurxias son empresas que xeran unha alta contaminación.
SOBRE A RECICLAXE DE PAPEL E CARTÓN
O futuro dos bosques e do papel é pouco prometedor, xa que se o ritmo e modo de consumo continúan como ata agora, as especies de árbores útiles para a fabricación de madeira diminuirán nun 40 %.
A desaparición dos bosques traerá como consecuencia o incremento do efecto invernadoiro, o avance dos desertos, o incremento da fame no mundo, etc. Temos que recuperar, reutilizar e reciclar máis papel usado para cubrir as necesidades e evitar a desaparición dos nosos bosques e a súa fauna.
Usa papel reciclado sempre que poidas. As súas vantaxes son obvias: tállanse menos árbores e afórrase enerxía.
SOBRE A RECICLAXE DE MÓBILES
Xéranse ao redor de 50 millóns de toneladas de residuos electrónicos anualmente en todo o mundo, que se poderían reutilizar entre o 70% e o 90% co tratamento adecuado.
O incremento deste tipo de desperdicios implica a difusión de compoñentes altamente contaminantes como o mercurio, o litio ou o coltán, materiais que se non son tratados adecuadamente, poden ser prexudiciais para o medio ambiente e para a saúde. Só en España a reciclaxe de teléfonos móbiles evita a emisión de 60.000 toneladas de CO2. O cadmio que contén unha batería de móbil podería contaminar ata 600.000 litros de auga (o equivalente a unhas 2.600 bañeiras).
O lixo non é unha opción para o móbil que xa non queremos ou non nos serve. Podemos optar por cedelo a unha ONG que teña un plan de reciclaxe de móbiles, como é o caso de Oxfam Intermon e Amnistía Internacional. O diñeiro que se obtén é doado a diferentes causas.
É importante saber que nestes casos existe a posibilidade de que ou noso teléfono non acabe despiezado, senón queteña unha segunda vida en mans de alguén, así que non esquezamos resetealo cos axustes de fábrica antes de entregalo para evitar qu os nosos datos persoais se vexan comprometidos.
SOBRE OS RESIDUOS ORGÁNICOS. A COMPOSTAXE
Ao redor do 50% dos residuos que xeramos no fogar son materia orgánica. É o residuo que máis facilmente pode ser transformado e reciclado mediante o chamado proceso de compostaxe, que consiste en converter os restos de materia orgánica nun abono eficaz e respectuoso co medio ambiente: o COMPOST.
Podemos separar a materia orgánica e facela chegar a plantas de compostaxe xestionadas pola administración, ou facer o noso propio compost a través de compostadoras domésticas.
Esta é unha tecnoloxía sinxela e económica para aproveitar toda clase de lixo biodegradable e darlle unha utilidade práctica, ademais de evitar que acabe ocupando espazo nos vertedoiros.
QUE PODO FACER EU?
Lembra depositar os envases de vidro baleiros, sen tapón nin tapa.Os demais obxectos de vidro (espellos, xanelas, porcelana, pratos, etc.) pódelos depositar no teu punto limpo máis próximo.
Non esquezas a importancia de facer un consumo responsable: usar na medida do posible envases retornables, reutilizalos facendo manualidades e implicarnos nunha correcta reciclaxe.
Deposita o papel e o cartón no contedor azul. É importante dobralo, así caberá máis.
Lembra que cos restos orgánicos pódese facer abono para as plantas.
- Restos de froita e verdura
- Restos de carne e peixe
- Restos de pan e comida en xeral
- Panos de papel
- Papel de cociña manchado de comida
- Restos de café e infusións
- Pequenos restos vecetais
Non intentes compostar:
- Cueiros, compresas e tampóns
- Restos de comida líquida e aceites
- Po de varrer e bolsas de aspirador
- Cinza e cabichas de cigarros
- Restos vexetais tratados con pesticidas
- Madeiras tratadas
- Medicamentos
- Excrementos e otros restos de animais
- Tecidos e artigos de pel
Algunhas cidades teñen contedores marróns ou laranxas para depositar estes residuos.
ACEITE DE COCIÑA USADO
- Deposítao nun frasco pechado nun punto limpo ou infórmate como se recicla na túa cidade.
- Nunca polo fregadero ou o váter.
REXEITAMENTO
O rexeitamento é o que non pode ir a outros contedores. Lembra que podes depositar a materia orgánica neste contedor se non tes contedor de orgánica
- Cueiros, compresas e tampóns
- Cinza e cabichas de cigarros
- Xoguetes rotos
- Po de varrer e bolsas de aspirador
- Cerámica e porcelana
- Pratos, vasos e copas de cristal
- Excrementos de animais
No rexeitamento non debes incluír os seguintes elementos, porque se depositan no seu propio contedor ou no punto limpo:
- Vidro
- Papel e cartón
- Envases lixeiros
- Residuos perigrosos
- Aparatos eléctricos e electrónicos
ROUPA OU CALZADO
Existen contedores para produtos téxtiles (roupa, calzado e roupa de fogar), fíxate en que sexan contedores de entidades autorizadas polo concello da túa localidade. Ás veces existen contedores ilegais sen distintivos que se lucran con estes residuos.
Se depositas a roupa e o calzado en bo estado, outras persoas que os necesiten poderán usalo. Alongarás a vida da túa roupa e contribuirás á reinserción laboral de persoas de colectivos desfavorecidos a través de organismos que realizan labores sociais.
Ademais, facilitarás a reciclaxe dalgunhas das fibras téxtiles.
APARATOS ELÉCTRICOS Y ELECTRÓNICOS
- Podes levalos ao comercio onde compres un aparello novo. Os aparellos pequenos, pódelos levar ás grandes superficies, aínda que non compres novos.
- Pódelos levar ao punto verde da túa localidade. Os aparellos pequenos tamén se poden levar ao camión da reciclaxe.
- Coa compra dun aparello págase a súa reciclaxe. Xa que logo, os comercios están obrigados a retirar o vello e a levalo a un punto limpo. Esíxeo.
- Non os podes tirar aos contedores nin deixalos na rúa
- Non se recollen co servizo de recollida de trastes
OUTROS RESIDUOS:
Os medicamentos caducados, ou que xa non necesites, así como os seus envases, recóllense nas farmacias onde teñen contenedores para iso.
Para as lámpadas e fluorescentes atoparás puntos de recollida en comercios de electrodomésticos e nalgúns locais públicos (casas de barrio, mercados, oficinas, etc.). Tamén podes levalos aos puntos limpos e ao camión da reciclaxe.
Para as pilas e baterías existen puntos de recollida en tendas, grandes superficies, supermercados, nalgúns edificios públicos, nos parques verdes e no camión da reciclaxe. Non os tires ao lixo.
O mobiliario é recollido polos concellos. Pódese deixar nun punto limpo e, se está en bo estado, tamén se pode doar a algunha asociación de inserción laboral que os recupere, como as adscritas a AERESS (Asociación Española de Recuperadores de Economía Social e Solidaria).
PARA SABER MÁIS...
- BOE
- Atopa o teu punto limpo máis próximo a través desta web ou da aplicación que podes descargar nela
- AERESS (Asociación Española de Recuperadores de Economía Social e Solidaria), recollen mobiliario, produtos téxtiles e de decoración e aparellos electrónicos e eléctricos
- Guía completa: Como reciclar
- Arpal. Asociación para el reciclado de productos de aluminio
- OxfamIntermon. ¿Por qué es importante el reciclaje de papel?
- Como reciclar papel y cartón
- ONG ALBOÁN Podes doar o teu móbil vello á súa campaña “móbiles pola Terra”
- OxfamIntermon
- Podes doar os móbiles e tabletas vellos:
- Como clasificar los residuos en el hogar
- Resigras, recollida de aceite usado de cociña
Películas y vídeos para reflexionar en el aula: