ADSL: Acrónimo en inglés de Asymmetric Dixital Subscriber Line (Líña de Subscrición Asimétrica Dixital). É utilizada para obter conexión a Internet. Respecto a outras tecnoloxías, mellora o ancho de banda da conexión analóxica tradicional. Permite que por un mesmo canal se transmitan datos e voz ao mesmo tiempo.
Ancho de banda: Cantidade de datos que poden transmitirse nunha unidade de tempo a través dunha liña. Tamén é unha medida que se usa para definir a velocidade de Internet ou, de forma máis precisa, a velocidade dunha conexión da Internet.
Antivirus: Programa que ten como finalidade detectar e eliminar virus informáticos, así como protexer os equipos doutros programas perigosos coñecidos xenéricamente como malware.
Blogue: Un blogue é un sitio web que periódicamente se actualiza organizando a súa información cronolóxicamente, no que podemos contar as nosas experiencias persoais ou de grupo. Ao permitir a inserción de comentarios por parte dos lectores e lectoras, convértese nunha ferramenta interactiva que constitúe verdadeiros foros de opinión. Pode conter texto, imaxes, sons e vídeos.
Buscador: Páxina de Internet que permite encontrar e acceder a páxinas na Internet que se refiren a un tema específico ou que ten contido con certas palabras clave.
Certificado de autenticidade: Declaración emitida por unha entidade independente que garante a identidade dunha persoa ou a seguridade dun sitio web. Esta garantía é especialmente necesaria desde o momento no que as persoas usuarias utilizan os servizos de banca a través da Internet ou realizan operacións de comercio electrónico.
Certificado Dixital ou electrónico: É un documento electrónico expedido por unha Autoridade de Certificación e identifica a unha persoa (física ou xurídica) cun par de claves. Ten como misión validar e certificar que unha firma electrónica se corresponde cunha persoa ou entidade concreta. Contén a información necesaria para asinar electronicamente e identificar o seu propietario/a cos seus datos: nome, NIF, algoritmo e claves de sinatura, data de expiración e organismo que o expide.
Certificado Dixital ou electrónico: É un documento electrónico expedido por unha Autoridade de Certificación e identifica a unha persoa (física ou xurídica) cun par de claves. Ten como misión validar e certificar que unha firma electrónica se corresponde cunha persoa ou entidade concreta. Contén a información necesaria para asinar electronicamente e identificar o seu propietario/a cos seus datos: nome, NIF, algoritmo e claves de sinatura, data de expiración e organismo que o expide.
Ciberacoso/Cyberbullying: É o acoso realizado por medios telemáticos a través da Internet, correo electrónico, teléfonos móbiles, redes sociais, blogs, etc.Tanto a persoa acosadora como a vítima adoitan ser persoas da mesma ou similar idade. Habitualmente, vén asociado con ameazas, insultos, vexacións ou coa creación de perfís en redes sociais suplantando a identidade da vítima e asociándoa a contidos vexatorios, con intención ofensiva. O ciberacoso pode ser tan simple como continuar mandando e-mails a alguén que pediu non manter contacto co remitente.
A nube (Cloud computing): O término organización nube refírese a unha maneira de almacenar a información. Este sistema permite ás persoas usuarias aloxar toda a información, ficheiros e datos en servidores de terceiros, de forma que poidan ser accesibles desde calquera terminal con acceso á rede, que xeralmente sole ser Internet, facendo innecesaria a instalación de software adicional (ao xa instalado e que facilita o acceso á rede) no equipo local da persoa usuaria.
Community Manager (CM): Persoa encargada de xestionar e dinamizar a comunidade “online” que xira en torno ao posicionamiento da súa organización. Entre as súas funcións, crea contidos, xestiona a reputación e encárgase de analizar e usar ferramentas para medir os resultados das accións da súa organización nas redes sociais.
Compartir ou “Share”: É a acción de ofrecer contidos realizados por terceiras persoas nas redes sociais. Tamén é cando followers comparten o contido que alguén publica na súa páxina.
Confianza Online: Sistema de autorregulación español utilizado no comercio electrónico que ten como finalidade poñer a disposición das persoas usuarias e empresas un Código Ético sobre Comercio Electrónico e Publicidade Interactiva e un selo de confianza nos sitios web das empresas adheridas, para garantir a seguridade e confianza ás persoas consumidoras das transaccións realizadas en devandito sitio.
Control parental: Conxunto de ferramentas ou medidas que se poden tomar para evitar que menores de idade fagan un uso indebido do computador e outros dispositivos, accedan a contidos inapropiados ou se expoñan a riscos a través da Internet.
Cookie: Una cookie (ou galleta informática) é unha información de pequeno tamaño enviada por un sitio web e almacenada no navegador das personas usuarias. O seu obxectivo é rexistrar a visita da persoa usuaria e gardar certa información sobre os seus hábitos de navegación co fin de establecer un perfil para publicidade personalizada, e mesmo información dos seus dispositivos (móbil, ordenador), como fotos, documentos, etc., o que pode causar graves problemas de privacidade. Polo tanto, é importante rexeitar todos os rastros, agás os que sexan absolutamente necesarios para a navegación.
Crowdfunding: É unha estratexia de cooperación colectiva, levada a cabo por persoas mediante recadación na internet para conseguir diñero ou outros recursos, adóitase utilizar para financiar esforzos e iniciativas innovadoras ou proxectos creativos de persoas ou organizacións.
Descargar ou “Download”: É baixar datos (normalmente un arquivo enteiro) dunha fonte principal a un dispositivo. O termo utlízase a miúdo para describir o proceso de copiar un archivo dun servizo en líña ao computador.
Dirección IP: IP é un acrónimo para Internet Protocol. Consiste nun número de catro cifras único e irrepetible co cal se identifica a un computador conectado a unha rede que usa o protocolo IP.
Engagement: É o nivel de interacción que teñen os seus seguidores por medio de (“likes”, “comments” e “share”) co contido que se publica nunha rede social. A maior participación de followers, maior “engagement” e maior sensación de pertenza e relación emocional entre eles e a súa paxina.
Sinatura electrónica: A sinatura electrónica é un conxunto de datos electrónicos que acompañan, ou que están asociados, a un documento electrónico que ten como función identificar á persoa asinante e garantir a integridade do documento asinado, esta sinatura insérese mediante un Certificado Dixital.
Hardware: Todos os compoñentes físicos do computador. Son, entre otros: a placa base, os discos duros, lectores de CD, ratos, teclados...
Hashtag ou Etiqueta: Utilízase para clasificar as publicacións ou mensaxes por temas específicos. Represéntase mediante un signo de número (#) diante da palabra ou palabras claves que unha organización usa para transmitir unha idea, nome ou concepto. Normalmente vai asociado a unha mensaxe ou texto coa finalidade de seguir, buscar e atopar máis fácilmente os temas de interese para a persoa usuaria. Por exemplo, #Educación ou #pobreza.
LOPD: -A Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) define que son os datos de carácter persoal. Obriga a todas as persoas físicas ou xurídicas que traten ficheiros de datos persoais a respectar o dereito á intimidade das persoas que teñen a súa base na Constitución Española e a respectar a privacidade dos datos almacenados nestes ficheiros.
Datos de carácter persoal: A Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) define os datos de carácter persoal como calquera información concernente a persoas físicas identificadas ou identificables. O Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, recoñece os seguintes dereitos en relación á protección de datos de carácter persoal: de acceso, de rectificación, de oposición, de supresión ("ao esquecemento"), á limitación do tratamiento, á portabilidade, a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas e o dereito de información.
Malware: Palabra que nace da unión dos termos software e malintencionado (malicious software). Dentro desta definición ten cabida un amplo elenco de programas maliciosos: virus, vermes, troianos, backdoors, spyware, etc. A nota común a todos estes programas é o seu carácter dañino ou lesivo.
Memes: Palabra usada para definir conceptos que se difunden de forma masiva por internet. Pode ser un vídeo, imaxe, páxina web, hashtag, ou simplemente unha palabra ou frase.
Muro ou “Timeline”: É o espazo dunha rede social na que o usuario comparte co resto do seus contactos información de interese e publica o traballo da súa organización. Tamén amosa as publicacións realizadas en orde cronolóxico inverso. Neste espazo, os contactos da persoa usuaria poden publicar os seus comentarios ou opinións.
Navegador web: Software utilizado para visualizar sitios web almacenados en servidores. Mediante este tipo de software, instalado como residente no equipo a persoa usuaria, é posible visualizar calquera tipo de elemento. Existe unha gran variedade de navegadores web no mercado se ben, os máis coñecidos hoxe en día son os navegadores Firefox, Internet Explorer, Chrome, Safari e Opera.
Páxina web: Documento electrónico que conten información e que se atopa dispoñible na Internet. A información que se pode atopar nunha páxina web é diversa: imaxes, textos, vídeos, música, etc.
Perfil de usuario: Esta expresión fai referencia ao conxunto de datos, incluso de carácter persoal, que os usuarios de redes sociais ou sitios web colaborativos introducen na plataforma no momento no que se rexistran, ou mesmo, no momento posterior no que consideren convinte actualizar o devandito perfil.
Phishing: Denominación que recibe a estafa cometida a través de medios telemáticos mediante a cal o estafador tenta conseguir, de usuarios lexítimos, información confidencial (contrasinais, datos bancarios, etc.) de forma fraudulenta.
Pharming: Ataque informático que consiste en modificar ou substituir o arquivo do servidor de nomes de dominio cambiando a dirección IP lexítima dunha entidade (comúnmente unha entidade bancaria) de maneira que no momento no que o usuario escribe o nome de dominio da entidade na barra de direccións, o navegador redirixirá á persoa usuaria a outra dirección IP donde se aloxa unha web falsa que suplantará a identidade lexítima da entidade, obténdose de forma ilícita as claves de acceso das e dos clientes da entidade.
“Post” ou estado: Entrada, mensaxe ou publicación nunha rede social que pode consistir nun texto, opinión, comentario, enlace ou arquivo compartido. Noutras palabras, é o contido que divulga unha organización para dar a coñecer o seu traballo para atraer novos contactos ou para promover estratexias de recadación de fondos.
Seguidor ou “follower”: Usuario que se subscribe ós mensaxes ou publicacións doutros usuarios (que pode ser o seu OSFL), ben por admiración, por simpatizar coa causa ou poboación á que serve, por manterse informado das súas actividades ou para coñecer os seus novos servizos e así podelos promover.
Sexting: Acto de enviar mensaxes ou fotografías sexualmente explícitas por medios electrónicos, especialmente entre teléfonos móbiles. É a propia persoa a que envía estas imaxes pero ao ser por medios electrónicos pérdese o control delas e é imposible recuperalas. A persoa que a recibe pode reenviar a imaxe, copiala, publicala en Internet ou compartila con outras persoas. Isto tamén ten graves consecuencias legais. É ilegal compartir fotografías de persoas menores onde aparezan espidos ou contivesen contido sexual, mesmo se se comparten con otras persoas menores.
Software: Cada unha das partes inmateriais que forman un sistema informático. Trátase dos programas, aplicacións e sistemas operativos que fan posible o uso do equipo. Cada programa ou aplicación de software pode definirse como a serie de instrucións dirixidas ao computador para que execute diversas accións.
SPAM: Todo correo non desexado recibido pola persoa destinataria, procedente dun envío automatizado e masivo por parte de quen o emite. O spam xeralmente asociase ao correo electrónico persoal, pero non só afecta aos correos electrónicos persoais, senon tamén a foros, blogs e grupos de novas.
Streaming: É a distribución de multimedia a través dunha rede de computadores ou dispositivos electrónicos de maneira que a persoa usuaria consome o produto ao mesmo tempo que este se descarga. Este tipo de tecnoloxía funciona mediante un búfer de datos (espazo de memoria) que vai almacenando o que se vai descargando para logo mostrallo á persoa usuaria que o usa. Isto contraponse ao mecanismo de descarga de arquivos, que require que a persoa usuaria descargue os arquivos por completo para poder acceder a eles. O termo aplícase habitualmente á difusión de audio ou vídeo.
Subir arquivos ou “Upload”: É a acción de transmitir ou subir un arquivo a un foro, rede ou páxina da internet.Suplantación de identidade: É a actividade maliciosa na que un ou unha atacante faise pasar por outra persoa. Os motivos poden ser o fraude, acoso ou cyberbulling. Un exemplo é, nas redes sociais, crear un perfil doutra persoa e interactuar con otros usuarios facéndose pasar por ela.
Target: Trátase do público ao que dirixiremos as nosas publicacións nas redes sociais. Noutras palabras é aquel conxunto de persoas que, ás que polas súas características, desexas dirixir as túas mensaxes ou actividades de recadación de fondos. Coñecer ben ao teu target é imporante para fortalecer o posicionamento da túa organización nas redes sociais.
Usuario: Persoa ou organización que utiliza e forma parte dunha rede social. Polo xeral, o nome de usuario é o nome real da persoa ou organización. Tamén é posible ver persoas usuarias que se identifican na rede mediante un nome diferente ou similar ao seu nome real. Usuario refírese tamén a un conxunto de permisos e recursos para o acceso informático.
Virus: Programa deseñado para danar (malware) os equipos infectados e con capacidade para copiarse e propagarse a sí mesmos, normalmente achegándose en aplicacións. Cando se executa unha aplicación infectada, pode infectar outros arquivos. Necesítase acción humana para que un virus se propague entre máquinas e sistemas. Isto pode facerse descargando arquivos, intercambiando disquetes e discos USB, copiando arquivos a e desde servidores de arquivos ou enviando adxuntos de e-mail infectados.
Views: É unha acción informativa estadística que posúen as redes sociais e páxinas de internet que lle permite a unha organización ou persoa coñecer a cantidade de persoas que viron o seu contido. É unha ferramenta de medición para coñecer o interese e o fluxo das persoas que acceden aos seus contidos.