PENSA
Ao crear unha conta de correo electrónico (e-mail), estás a crear unha ferramenta para comunicarte cos demais. Actualmente é fundamental ter unha conta de correo electrónico, tanto para o día a día como para o traballo e os estudos. Permíteche enviar mensaxes, pero tamén documentos, vídeos ou imaxes de forma rápida e sinxela. As empresas emprégano, por exemplo, para enviar publicidade ou as facturas a cada cliente; academicamente emprégase para compartir contidos e para comunicados xerais, actividades por exemplo subscribirte a páxinas web, solicitar información a terceiros ou sinxelamente comunicarte con amigos e familiares
Un informe de 2017 da consultora Two Sides conclúe que a actividade vinculada con correos electrónicos en todo o mundo podería chegar a equivaler a pegada de carbono que producen 890 millóns de autos: un correo electrónico sen arquivo adxunto emite aproximadamente un gramo de CO2; un correo electrónico cun arquivo adxunto de 1 MB ascende a 19 gramos de CO2 e se o arquivo adxunto dun correo electrónico é reenviado ou arquivado, a pegada ascendería a 50 gramos.
Todos os correos electrónicos atópanse na «nube» de compañías como Google, Apple, Microsoft, Amazon, etc. que teñen uns centros de datos con servidores enormes que consomen moitísima enerxía. O tráfico de datos mundial aumenta un 25 % cada ano e os datos que quedan almacenados, que nunca se utilizaron ou que están desactualizados, serán responsables de 6,4 millóns de toneladas de CO2.
SABÍAS QUE...
O correo electronico tamén pode causarnos moitos problemas. Podemos vernos bombardeados por spam (publicidade non solicitada), por publicidade de paxinas nas que nos hemos subscrito (en moitas ocasións sin darnos conta). Por este motivo, ten precaución cos teus correos e abre so aqueles que esperas o proveñen dun emisor o remitente fiable. Incluso alguns poden conter virus que infecten e deterioren o teu ordenador. As estafas máis comuns a través da red e a través do correo son:
- Enganos: un correo electrónico que nos informa de que gañamos un premio, dunha oferta comercial, de negocios rendibles, de ofertas de traballo desde a casa, de alguén próximo que necesita diñeiro, ou unha mensaxe que nos pide entrar na nosa conta bancaria ou nos reclama unha multa. Non premas nunca nas ligazóns nin te comuniques a través do correo electrónico. Chama por teléfono a compañía para verificar se a mensaxe é real e comproba o enderezo electrónico, porque seguramente non será o oficial.
- Phising: trátase de mensaxes de correo electrónico ou xanelas emerxentes cuxa finalidade é roubarnos a identidade. Adoitan ter a aparencia de empresas (bancos, compañías de gas, operadores de Internet, de telefonía, etc.). Non premas nunca nas ligazóns nin te comuniques a través do correo electrónico. Chama por teléfono a compañía para verificar se a mensaxe é real e comproba o enderezo electrónico, porque seguramente non será o oficial.
Outros correos electrónicos perigrosos, son os spam ou os pop-up:
-
Spam: mensaxes electrónicas non solicitados e enviados en cantidades masivas, xeralmente de tipo comercial. En España está prohibido pola Lei de Servicios da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico.
- Pop-up: Xanela que se abre automaticamente ao picar nunha ligazón.
Por último, a información máis perigosa que podemos recibir a través do correo electrónico, son os virus informáticos. A súa característica común é que é un malware (programa maligno), que altera o funcionamento do noso ordenador e mesmo pode imposibilitar o seu funcionamento.
QUE PODO FACER EU?
Non envíes mensaxes electrónicas innecesarias, elimina as contas de correo electrónico antigas, fai limpeza de aplicacións e limpa o teu correo electrónico, reducirás a súa pegada.
Se recibes un correo electrónico no que che solicitan datos persoais ou financeiros non respondas nin piques na ligazón que aparece na mensaxe.
Confirma os seguintes datos:
-Chamando ao servizo de atención ao cliente.
-Verifica que é unha compañía rexistrada.
-Revisa o contido e o deseño da páxina
- Nunca facilites datos financeiros a través de Internet porque os bancos reais nunca os solicitan.
- Utiliza un antivirus e un firewall e manteno actualizado. Algúns correos electrónicos conteñen software que pode causar danos ao teu computador ou rastrexar as túas actividades na internet sen que ti te deas conta.
- Cambia con frecuencia os teus contrasinais.
- Non confíes nas superofertas nin nos descontos.
Pon eses correos en coñecemento das autoridades:
PARA SABER MÁIS...
- Como evitar a publicidade non desexada
- Guía de privacidade e seguridade en Internet
- INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade)
- OSI (Oficina de Seguridade do Internauta)
- AEPD (Axencia Española de Protección de Datos)
- GREENPEACE
-
Ver fichas Reciclaxe, Prevención de residuos, Consumo sostible, Lecer e tempo libre, Internet, Gasto enerxético no fogar e Dispositivos e pantallas.