Seguridade e prevención de accidentes

Seguridade e prevención de accidentes

PENSA

-

O ámbito doméstico é o lugar onde se produce o maior número de accidentes e o baño é un de lugares de maior risco.

Ademais de na casa, o espazo escolar é outro lugar onde se producen accidentes durante a realización de actividades deportivas: nos patios, nos ximnasios e nas zonas de tránsito do mesmo (escaleiras, corredores, etc.).

Pensaches niso algunha vez?

Coñeces algún accidente producido neste espazo?

¿Alguen te ha enseñado o mapa de riesgos das zoas comúns polas que fas o teu día a día?

SABÍAS QUE...

Organización Mundial da Saúde define accidente como: «un suceso eventual, involuntario ou anómalo do cal, independentemente da súa gravidade, resulta un dano físico e/ou psíquico, como consecuencia dunha falta de previsión ou defecto de seguridade». 

Os accidentes domésticos son aqueles que ocorren na vivenda propiamente dita, patios, xardíns, garaxes, acceso aos pisos, vestíbulos das escaleiras, é dicir, todos os lugares pertencentes ao domicilio.

Os factores que causan este tipo de accidentes, pódense agrupar maioritariamente en:

  • Emprego incorrecto do produto por parte do consumidor.
  • Información insuficiente sobre o produto e as súas instrucións de uso.
  • Defectos de fabricación do produto.

Cando se fala de seguridade, considerase tanto a protección propia coma o dos demais.

-

Os accidentes que se producen no baño con máis frecuencia son:

  • Caídas no pavimento mollado con restos de xabón, as duchas ou bañeiras de material esvaradío poden ser as causantes.
  • As queimaduras son accidentes que adoitan ocorrer principalmente na cociña, pero non debemos baixar a garda cando esteamos no baño. Ás veces, cando nos duchamos a auga está a demasiada temperatura e pódenos facer dano na pel.
  • Electrocución: as tensións que alimentan os aparellos electrodomésticos (220 ó 125 voltios) poden provocar electrocución mentres os usamos. Este tipo de accidentes adoita ocorrer no baño, debido a que se trata dun sitio onde o ambiente sempre está húmido.
  • Golpes: adóitanse producir con obxectos fixos, como por exemplo, muebles, portas, xanelas, etc.

QUE PODO FACER EU?

  • Ten coidado cos chans húmidos, xa que son moi esvaradíos.
  • -Para previr as caídas, utiliza solo alfombras ou adhesivos antiescorregadizos na bañeira. Antes de usar un produto de aseo o de limpeza, lee a etiqueta para facer un uso adecuado e tomar as precaucións que se indiquen nela.
  • Non enchufes o secador ou outros electrodomésticos preto da auga.
  • Vixia que os enchufes estean en bo estado.
  • Nunca utilices un aparato eléctrico coas mans húmidas ou os pés.
  • Non teñas estufas eléctricas, tomas de corrente nin outros aparellos eléctricos ao alcance da man no cuarto de baño e a menos dun metro do bordo da bañeira.
  • Vixía que os aparellos eléctricos non teñan cables pelados, enchufes rotos ou gretados.
  • Desconecta inmediatamente despois de ser utilizados.
  • Procura utilizar un só enchufe para cada aparello antes que unha instalación sobrecargada por múltiples enchufes.
  • Cando te laves ou duches, se non dispós dunha billa monomando-
  • , abre primeiro o billa da auga fría e despois o da auga quente, evitarás queimaduras.
  • Non coloques os sprays e aerosois encima dos focos de calor.
  • Procura que os medicamentos e os productos de limpeza non estén ao alcance dos menores do hogar.

PARA SABER MÁIS...