PENSA
Son as nosas casas e gastan enerxía, moita enerxía a quinta parte de toda a enerxía que se consome en España e a cuarta parte do consumo en enerxía eléctrica. A medida que unha sociedade se fai máis desenvolvida consume máis enerxía, pero non sempre o fai de manera eficiente.
Facer un uso eficiente da enerxía significa facer un uso racional da mesma. Isto permitiranos non só reducir a nosa factura eléctrica, senon tamén colaborar na sustentabilidade do planeta Terra (ver ficha de Enerxía: sostenibilidade).
SABÍAS QUE...
Unha casa española consome ao ano 9922 kilovatios-hora(kWh), que equivalen a 0,85 toneladas de petróleo (ver ficha de A enerxía e as súas fontes). As vivendas unifamiliares (casas illadas) consomen 15.513 kWh como media anual e isto é case o dobre do consumo nas casas de bloques de vivendas (7.544 kWh). O consumo aumenta nas zonas frías continentais (12.636 kWh) e diminúe nas atlánticas (9.293 kWh) e mediterráneas (8.363 kWh).
Para coñecer a eficiencia dos electrodomésticos, existe unha etiquetaxe especial. A etiqueta de eficiencia enerxética clasifica o consumo dos aparellos por medio de sete escalas de eficiencia enerxética. É conveniente fixarse nesta etiquetaxe ao adquirir un, para elixir os de menor consumo
Desde o 1 de marzo de 2021, os aparellos de refrixeración, neveiras de viño, lavadoras domésticas, lavadoras-secadoras, lavalouzas domésticos e televisores e pantallas electrónicas deben levar só as novas etiquetas enerxéticas. A nova clasificación enerxética simplificada dos produtos electrodomésticos e dos sistemas de iluminación está baseada nas letras A a G (sendo A o que menor gasto enerxético ten e G o que maior gasto enerxético ten), polo que se eliminan as diferentes clasificacións A seguidas do signo +1.
Esta etiqueta é de uso obrigado nos países da Unión Europea. Dentro de pouco, a etiquetaxe enerxética AG vaise estender aos teléfonos móbiles e ás tabletas. Por iso, cando empecen a aparecer no mercado os dispositivos con etiquetaxe enerxética, tamén será conveniente fixarse nela para adquirir os máis eficientes e sostibles.
Hai que pensar que a maior parte da enerxía que se produce no mundo ainda depende de fontes enerxéticas non renovables (carbón, petróleo, gas, etc.). Por isto debemos ter conciencia da necesidade de aforrar enerxía cando utilizamos os nosos electrodomésticos, e unha boa maneira de facelo é seguindo as recomendacións indicadas polos fabricantes nos folletos de instrucións de uso:
En primer lugar fai un repaso de cantos aparellos consumidores de enerxía eléctrica hai na túa casa e responde a estas preguntas:
- ¿Son todos necesarios?
- ¿Sei utilizalos adecuadamente para que consuman menos electricidade?
- ¿Cambiaría algún antigo e con pouca eficiencia enerxética por outro novo que consuma menos electricidade?
Como viches o maior gasto enerxético dun fogar é a calefacción e por iso é moi importante que as nosas casas estean ben illadas. Non só non perderemos calor cara ao exterior senón que gastaremos menos enerxía e aforraremos diñeiro.
En este sentido, es interesante:
– Utilizar roupa acorde coa estación do ano e poñer a calefacción e o aire acondicionado a temperaturas moderadas.
– Mellorar o illamento de teitos, portas e xanelas.
– Non deixar as billas abertas sen necesidade e optar pola ducha.
– Non deixar os aparellos en standby (se non apagados) nin o cargador do móbil ou da tableta conectado cando non están cargando.
– Aproveitar a luz natural e non deixar as luces acendidas sen necesidade.
– Utilizar lámpadas LED ou de aforro enerxético.
Ademáis da eficiencia enerxética dos nosos servizos e electrodomésticos no fogar, as vivendas de nova construción, as que se aluguen ou as que se vendan desde o ano 2013 en España, teñen a obrigación de contar co denominado “certificado enerxético”. Este certificado é un documento técnico que clasifica a súa eficiencia enerxética do mesmo xeito que nos electrodomésticos desde a clase A ata a clase G, sendo a clase A a máis eficiente. Nunha vivenda, con respecto á normativa existente, analízase para a obtención do certificado:
- A envolvente térmica (espesor de muros, tipoloxía de xanelas; cristais e marcos, tipos de persianas, toldos, balcóns, retranqueos…),
- As instalacións térmicas (características de aire acondicionado, calefacción, placas solares, chan radiante…) e de iluminación
- A contorna do edificio (as orientacións e sombras que provocan outros edificios no mesmo)
- Calidade do aire interior
- A superficie da vivenda en relación aos factores antes comentados
Este certificado ten unha validez de 10 anos desde a data da súa emisión.
A nova Directiva de Eficiencia enerxética dos edificios (que entrará en vigor en 2023, durante o período en que España asumirá a presidencia do Consello da Unión Europea) esixirá que todos os edificios (novos e existentes) teñan un nivel de eficiencia enerxética superior a E no 2030 e por encima de D no 2033, para poderen ser postos á venda ou en alugueiro, dentro dunha escala que vai, de mellor a peor, desde A ata G. España está lonxe de cumprir eses requisitos.
Millóns de vivendas no noso país e en Europa terán que pasar por unha rehabilitación enerxética nos próximos anos. Cunha cifra que rolda os 35 millóns de inmobles na rexión, forma parte da gran renovación que quere implementar a Unión Europea para ser neutra en carbono no 2050. Ao que entre en vigor, os Estados membros deberán adoptar a nova normativa.
PARA SABER MÁIS...
- Etiquetaxe enerxética dos electrodomésticos
- Cool products for a cool planet
- Electronic Watch
- SOMO
- Instituto público para la Diversificación y Ahorro de Energía,
- Agencia Andaluza de la Energía (AAE)
- Agencia Energética de Vitoria-Gasteiz, AEVI
- Agencia Extremeña de la Energía, AGENEX
- Agencia Insular de Energía de Tenerife, AIET
- Agencia Local de la Energía y Cambio Climático de Murcia (ALEM)
- Instituto Gallego de Energía (Instituto Enerxético de Galicia)