PIENSA
É recomendable realizar 5 comidas: almorzo, xantar e cea, máis dúas merendas ou tentempiés, entre as comidas. Os prazos entre unha comida e outra nunca poden ser superiores ás tres horas.
Representa unha das actividades máis importantes na vida diaria e, por iso, é necesario facelo de forma equilibrada e saudable.
Ademais, algúns factores de risco vinculados ao desenvolvemento de enfermidades crónicas están estreitamente relacionados coa mala alimentación e a falta de exercicio físico: a obesidade, o sedentarismo, a hipertensión arterial, a hipercolesterolemia e o consumo insuficiente de froitas e verduras.
Practicar unha alimentación equilibrada é moi importante para a nosa saúde. Ver ficha A dieta equilibrada.
Segundo expertos en nutrición, a inxesta enerxética das tres tomas principais do día debe repartirse da seguinte maneira: no almorzo o 20-25 % do total; na comida o 35-40 % e na cea 25-30%.
SABÍAS QUE...
O ALMORZO
É unha das comidas máis importantes do día, que nos achega a enerxía e os nutrientes necesarios para afrontar as tarefas diarias e axuda a reorganizar os cambios metabólicos sufridos durante a noite.
O almorzo saudable é aquel que é variado, completo, equilibrado e satisfactorio. Teñen que adecuarse ás necesidades e circunstancias de cada persoa.
Debe incluir:
- Un lácteo: Leite e derivados (iogur, queixo, etc.)
- Un cereal, preferiblemente integral. Evitarase a bolaría industrial.
- Unha froita fresca: calquera variedade de tempada e zumes naturais diversos.
O XANTAR
É o momento ideal para tomar unha ración de hidratos máis unha ración de proteínas e unha achega de graxas saudables.
Para máis información, consulta a ficha «A dieta equilibrada».
A CEA
Debe ser lixeira xa que é o momento do día a partir do cal menos enerxía imos necesitar e para favorecer ademais o descanso. Debe ser fácil de dixerir e debe realizarse, polo menos, dúas horas antes de deitarse, para que a dixestión non interfira co soño.
Ver ficha A dieta equilibrada.
Lembra que saltar a cea non axuda a perder peso. O recomendable é planear unha cea lixeira pero equilibrada.
AS COMIDAS INTERMEDIAS DE MEDIA MAÑÁ E DE MEDIA TARDE
Deben incluír alimentos variados e ricos en nutrientes. É unha boa oportunidade para completar as racións diarias recomendadas de froitas, cereais e lácteos. Para que o teu aperitivo ou merenda sexa equilibrada e se achegue enerxía, debes moderar o consumo de alimentos ricos en graxas saturadas e azucres refinados, como a bolería industrial e os refrescos.