PENSA
As persoas consumidoras e usuarias están en inferioridade de condicións nun mercado que está dominado polas empresas, cuxos produtos ou servizos adquiren ou utilizan. Crees que sería posible escoitar as reivindicacións e demandas das persoas consumidoras de forma individual ante calquera asunto que lles afecte no ámbito de consumo?
SABÍAS QUE...
As persoas consumidoras, que somos todos, temos o dereito para constituír ou a integrarnos en asociacións e organizacións de consumidores para a defensa dos nosos dereitos e lexítimos intereses.
As asociacións de consumidores e usuarios son organizacións privadas sen ánimo de lucro, dedicadas a defender os dereitos das persoas consumidoras e usuarias.
FUNCIONES
Algunhas das funcións das asociaciones de consumidores e usuarios son:
- Informar, formar e asesorar ás persoas consumidoras e usuarias sobre os seus dereitos e deberes.
- Ter presenza nos órganos de consulta e participación nos que se coñezan asuntos que afecten directamente aos dereitos e intereses das persoas consumidoras.
- Exercer as correspondentes accións xudiciais ou extraxudiciais en defensa dos seus socios ou das persoas consumidoras.
- Propiciar e participar na resolución extraxudicial de conflitos entre consumidores/as e empresarios/as.
- Formular peticións e exercer iniciativas en relación ao funcionamiento dos servizos públicos.
DIFERENZAS COAS OMIC
Non se deben confundir ás asociacións de defensa dos consumidores coas Oficinas Municipais de Información ao Consumidor ( OMIC), que son oficinas públicas locais dependentes dos concellos.
As Asociacións de persoas consumidoras e usuarias poden ter ámbito de actuación local, autonómica ou nacional e organizarse en federacións e confederacións. En España, as principais asociacións de consumidores e usuarios están representadas no Consello de Consumidores e Usuarios, que foi creado no ano 1990. O Consello configúrase como un órgano de representación e consulta a escala nacional a través das organizacións de consumidores máis representativas para defender os intereses dos consumidores e usuarios e incidir na toma de decisións que se adopten polos poderes públicos en relación coa política de consumo.
QUE PUEDO HACER EU…?
Informarme de cales son as asociacións de consumidores e usuarios e acudir a elas cando teña calquera problema relacionado co consumo de bens ou servizos.